1 of 13

Slide Notes

DownloadGo Live

A área de Tecnoloxía contribúe ó desenvolvemento da competencia de interacción no medio físico, mediante o coñecemento e a comprensión de obxectos, procesos, sistemas e ambientes tecnolóxicos, e a través do desenvolvemento de destrezas técnicas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. A interacción cun contorno tecnolóxico, vese facilitada polo coñecemento e utilización do proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta ás necesidades, avaliando o proceso e os seus resultados.

Published on Nov 26, 2015

No Description

PRESENTATION OUTLINE

Untitled Slide

Photo by Martin Voltri

Competenciadd
dA área de Tecnoloxía contribúe ó desenvolvemento da competencia de interacción no medio físico, mediante o coñecemento e a comprensión de obxectos, procesos, sistemas e ambientes tecnolóxicos, e a través do desenvolvemento de destrezas técnicas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. A interacción cun contorno tecnolóxico, vese facilitada polo coñecemento e utilización do proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta ás necesidades, avaliando o proceso e os seus resultados.
É importante, o desenvolvemento da capacidade e da disposición para lograr un contorno saudable e unha mellora da calidade de vida, mediante o coñecemento e
a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento de actitudes responsables de consumo racional.
A contribución á autonomía e iniciativa persoal céntrase no modo que proporciona esta materia para abordar os problemas tecnolóxicos, e será maior na medida en que, a metodoloxía empregada na aula, fomente modos de enfrontarse a eles de maneira autónoma e creativa, incida na valoración reflexiva das diferentes alternativas e prepare para a análise previa das consecuencias das decisións que se toman no proceso. As diferentes fases do proceso: a formulación adecuada dos problemas; a presentación de ideas que se analizan desde distintos puntos de vista; a elección da máis adecuada; a planificación e execución do proxecto; a avaliación do seu desenvolvemento e do obxectivo alcanzado; e, por último, a realización de propostas de mellora; todas elas contribúen ao desenvolvemento desta competencia, ofrecendo oportunidades para o desenvolvemento de calidades persoais, como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza fronte ás dificultades, a autonomía e a autocrítica, contribuíndo ó aumento da confianza en si mesmo e á mellora da súa autoestima.

a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento de actitudes responsables de consumo racional.

d
d
d
d
d
d

1. Analizar os obxectos e sistemas técnicos para identificar os seus elementos e as funcións que realizan, explicar o seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas formas, e recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e construción.

2. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas tecnolóxicos traballando de forma ordenada e metódica para estudar o problema, recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes, elaborar a documentación pertinente, concibir, deseñar, planificar e construír obxectos ou sistemas que resolvan o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista.

3. Actuar de xeito dialogante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.

4. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño, elaboración e manipulación de forma segura e precisa de materiais, obxectos e sistemas.

5. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e alcance utilizando os medios tecnolóxicos, os recursos gráficos, a simboloxía e o vocabulario axeitados.

6. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa influencia na sociedade, no ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas.

7. Manexar con soltura aplicacións informáticas para buscar, almacenar, organizar, manipular, recuperar, presentar, compartir e publicar información, e empreñar de forma habitual as redes de comunicación na propia formación, na busca de emprego e para acceder a servizos electrónicos administrativos ou comerciais.

8. Interesarse polos avances tecnolóxicos valorando criticamente a súa contribución á mellora do benestar social e individual, e incorporándoos ao seu facer cotiá.

Photo by Juanedc

Bloque 1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.

A tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamento do quefacer tecnolóxico. O proceso inventivo e de deseño.
Fases do proxecto tecnolóxico. Elaboración de ideas e procura de solucións. Distribución de tarefas e responsabilidades, cooperación e traballo en equipo.
Realización de documentos técnicos. Deseño, planificación e construción de prototipos ou maquetas mediante o uso responsable de materiais, ferramentas e técnicas axeitadas.
Avaliación do proceso creativo, de deseño e de construción. Análise e valoración das condicións do contorno de traballo.
Utilización de aplicacións informáticas para a resolución de problemas tecnolóxicos.
Exemplificación do proceso tecnolóxico na industria do contorno.
Esgotamento de recursos enerxéticos e de materias primas. Consumo responsable e desenvolvemento sostible.

Bloque 2. Hardware e sistemas operativos.

Descrición da arquitectura, dos elementos dun ordenador e doutros dispositivos periféricos. Funcionamento, manexo e interconexión dos elementos dun ordenador.
Emprego do sistema operativo como interface persoa-máquina. Almacenamento, organización e recuperación da información en soportes físicos, locais e extraíbles
Acceso a recursos compartidos en redes locais e posta a disposición destes.

Bloque 3. Materiais de uso técnico.

Análise de materiais e técnicas básicas e industriais empregadas na construción e fabricación de obxectos.
Materiais naturais, transformados e sintéticos: madeira e metais. Propiedades e técnicas básicas de utilización.
Tratamento de residuos e impacto ambiental do proceso produtivo. Uso de materiais comerciais e reciclados para a construción e fabricación de obxectos.
Emprego das ferramentas de forma axeitada e segura.

Bloque 4. Técnicas de expresión e comunicación.

Uso de instrumentos e técnicas de debuxo, así como de aplicacións de deseño gráfico por ordenador, para a realización de bosquexos e esbozos, empreñando escalas, cotas e sistemas de representación normalizados.
Utilización de aplicacións informáticas de ofimática para a creación, edición, mellora e presentación de documentos técnicos, e descrición da súa terminoloxía e dos seus procedementos básicos.

Bloque 5. Estruturas.

Descrición dos elementos dunha estrutura e dos esforzos aos que están sometidos. Análise da función que desempeñan os elementos na estrutura.
Deseño, planificación e construción de estruturas utilizando distintos tipos de apoio e triangulación.

Bloque 6. Electricidade e electrónica.

Efectos da corrente eléctrica: luz, calor e electromagnetismo.
Circuíto eléctrico: elementos, funcionamento e simboloxía. Magnitudes eléctricas. Compoñentes e dispositivos básicos. Realización de medidas. Corrente Continua e alterna.
Valoración crítica dos efectos do uso da enerxía eléctrica sobre o ambiente: xeración e transporte de enerxía eléctrica. Emprego de enerxías renovables.

Bloque 7. Tecnoloxías da comunicación. Internet.

Estrutura e funcionamento da internet. Dispositivos de comunicación. Servizos da internet.
Ferramentas e aplicacións básicas para a procura, descarga, intercambio e publicación de información.
Actitude crítica e responsable cara á propiedade intelectual e á distribución dos contidos e da información en xeral. Licenzas de uso e distribución do software.

Photo by Xana1998

Mínimos esixibles

Bloque 1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.

Fases do proxecto técnico. Elaboración de ideas e busca de solucións. Distribución de tarefas e responsabilidades, cooperación e traballo en equipo. Realización de documentos técnicos. Deseño, planificación e construción de prototipos ou maquetas mediante o uso de materiais, ferramentas e técnicas axeitadas. Utilización das tecnoloxías da información e a comunicación para a confección, desenvolvemento, publicación e difusión do proxecto.

Bloque 2. Hardware e sistemas operativos.

Análise dos elementos dun ordenador e outros dispositivos electrónicos. Funcionamento, manexo básico e conexionado destes. Emprego do sistema operativo como interface home-máquina.

Bloque 3. Materiais de uso técnico.

Análise de materiais e técnicas básicas e industriais empregadas na construción e fabricación de obxectos.Madeira e metais.Traballo no taller con materiais comerciais e reciclados, empregando as ferramentas de forma axeitada e segura.

Bloque 4. Técnicas de expresión e comunicación.

Uso de instrumentos de debuxo e aplicacións de deseño gráfico por ordenador, para a realización de bosquexos e esbozo, empregando escalas, anotación e sistemas de representación normalizados.Coñecemento e aplicación da terminoloxía e procedementos básicos dos procesadores de texto, follas de cálculo e as ferramentas de presentacións. Edición e mellora de documentos.

Bloque 5. Estruturas.

Elementos dunha estrutura e esforzos aos que están sometidos. Análise da función que desempeñan.Deseño, planificación e construción en grupo de estruturas utilizando distintos tipos de apoio e triangulación.

Bloque 6. Electricidade

Efectos da corrente eléctrica: luz, calor e electromagnetismo. Circuíto eléctrico: elementos, funcionamento e simboloxía. Magnitudes eléctricas. Compoñentes e dispositivos básicos.

Bloque 7. Tecnoloxías da comunicación. Internet.

Internet: conceptos, terminoloxía, estrutura e funcionamento. Ferramentas e aplicacións básicas para a busca, descarga, intercambio e publicación da información. Actitude crítica e responsable cara á propiedade e a distribución do «software» e da información: tipos de licenzas de uso e distribución.

Contidos
Bloque 1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.

A tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamento do quefacer tecnolóxico. O proceso inventivo e de deseño.
Fases do proxecto tecnolóxico. Elaboración de ideas e procura de solucións. Distribución de tarefas e responsabilidades, cooperación e traballo en equipo.
Realización de documentos técnicos. Deseño, planificación e construción de prototipos ou maquetas mediante o uso responsable de materiais, ferramentas e técnicas axeitadas.
Avaliación do proceso creativo, de deseño e de construción. Análise e valoración das condicións do contorno de traballo.
Utilización de aplicacións informáticas para a resolución de problemas tecnolóxicos.
Exemplificación do proceso tecnolóxico na industria do contorno.
Esgotamento de recursos enerxéticos e de materias primas. Consumo responsable e desenvolvemento sostible.

Contidos:

Photo by Javier Volcan

Untitled Slide

Photo by ~Oryctes~

Untitled Slide

Untitled Slide

Untitled Slide

Photo by bachmont

Untitled Slide

Photo by cdnorman